SERVICIOS AGRARIOS RAMUDO
Produción e Venda de Astilla
SERVICIOS AGRARIOS RAMUDO
Traballos Agrícolas
SERVICIOS AGRARIOS RAMUDO
Plantacións Forestais
SERVICIOS AGRARIOS RAMUDO
Recollida de Forraxe

Compra-venda de madeira para a súa elaboración en astilla e biomasa, e en xeral para calquera actividade relacionada co tratamento e transformación da madeira e os seus residuos.

Unha ampla gama de maquinaria agrícola posta ó seu dispor para a realización de todo tipo de traballos de sementa e recollida. Dispoñemos dunha frota composta por 7 tractores, de entre 80 e 240 CV.

Proporcionámoslle os mellores servizos da zona en rozas e preparación de leiras. Temos unha gran experiencia na plantación de eucalipto, piñeiro e todo tipo de árbores ornamentais.

Somos especialistas na recollida de todo tipo de forraxes. Unha ampla gama de maquinaria agrícola posta ó seu dispor para a realización de todo tipo de traballos de recollida.

Ver Máis

Servicios Agrarios Ramudo

Presentación


No ano 2000 empeza a nosa andaina no sector agrícola, aínda que sería no ano 2006 cando se crea a actual empresa, RAMUDO SERVICIOS AGRARIOS S.L., debido á boa acollida neste mundo laboral. Desde os nosos comezos, o noso obxectivo estivo sempre encamiñado en satisfacer as necesidades dos agricultores e gandeiros, seguindo sempre unha traxectoria ascendente e incorporando nova maquinaria e novas instalacións.

Ver Máis

Imaxes

Galería Fotográfica