Presentación

No ano 2000 empeza a nosa andaina no sector agrícola, aínda que sería no ano 2006 cando se crea a actual empresa, RAMUDO SERVICIOS AGRARIOS S.L., debido á boa acollida neste mundo laboral.

Desde os nosos comezos, o noso obxectivo estivo sempre encamiñado en satisfacer as necesidades dos agricultores e gandeiros, seguindo sempre unha traxectoria ascendente e incorporando nova maquinaria e novas instalacións.

Somos unha empresa de servizos que ofrece ós nosos clientes todo tipo de servizos agrarios e forestais. Temos persoal cunha dilatada experiencia, sendo unha das nosas señas de identidade a profesionalidade, ante todo.